Na miña familia a música e a cultur agalega sempre estiveron presentes con
moita forza aínda que vivín moitos anos de emigración den diversos lugares de
España. Por esta razón intereseime dende moi neno pola Gaita, e a partir don 15
anos comecei a tocala. Ós 22 anos comecei na aprendizaje deste instrumento dun
xeito máis profundo no “Obradoiro de Instrumentos Populares Galegos” da
Universidade Popular de Vigo para formarme profesionalmente na súa
construcción baixo a dirección dos Mestres Artesáns Antón e Carlos Corral.
Neste taller aprendín as técnicas básicas e recibín clases para perfeccionar estas
técnicas así como a afinación dos instrumentos e o enriquecemento estético
(incruustacións, anelados en metal, dobres anelados, etc.) dos mesmos.
Na actualidade fabrico os seguintes instrumentos:
- Gaitas en seis tonalidades diferentes (Sol, La, Sib, Si, Do, Re)
- Frutas Trfeseiras en dúas tonalidades (Sol, Re) Modelos de 0a 5 chaves
para Sol e de 0 a 8 para Re.
- Whistrle en madeira en seis tonalidades (Sol, La, Sib, Do, Re, Mib)
- Low whistles con corpo de aluminio e boquilla de madeira nas tonalidades
de Re i Mib
- Pitos Pastoriles Galegos en dúas tonalidades (Re i Sol)